martes, 26 de abril de 2011

heredeiros da crus





Heredeiros da Crus é un grupo de música rock galego caracterizado polo seu éxito tanto en Galicia como no estranxeiro e por cantar con gheada e seseo, chegando ás veces ao “castrapo”.


Este grupo creouse en Castiñeiras (Ribeira) no ano 1992 por iniciativa de Tonhito de Poi. En 1995 colaboraron con dúas cancións para o Xabarín Club da TVG ("O porquiño" e "¡Que jallo é!"). Desta última fixose un videoclip, o cal tivo moito exito. No ano seguinte colaboraron tamén con "Íscalle Lura".


Por fin conseguiron gravar o seu primeiro álbum, "A Cuadrilla de Pepa a loba", non sen problemas, pois coñécense dúas versións deste traballo, a máis extendida foi editada sen o polémico tema "Bisté de solomillo".
A banda compoñíana un grupo de 5 rapaces de Castiñeiras: Tuchiño (guitarra e voz), Tonhito de Poi (guitarra rítmica e "corros"), Javi Maneiro (O fillo da Necha),(voz), Francisco Velo (O Jran Fran),(baixo),e Beni, (batería). Posteriormente Beni marcharía e deixaría paso a Medín, o batería que máis tempo estivo co grupo. Posteriormente tamén deixaron a súa pegada nos Heredeiros Marcos Otero e Pedro Rodríguez-Trelles.
Comezaron a facer concertos por toda Galicia. Uns anos bos foron o 92 e 93, aínda que tiveron problemas co seu manager e tiveron que cambialo.


Xa co novo manager gravan o Cd "Está que te cajas", no ano 1995. Este boísimo álbum, xunto coas cancións que editaron para o Xabarín Club ("Que jallo é!", "Íscalle Lura" e "O porquiño"), déronlle xa unha fama ao grupo a nivel galego.
O seu seguinte traballo foi "Criatura", un maxi-single de só 4 cancións. Non moito despois aparece "Des minutos". No ano 1999 gravan outro boísimo traballo, "Erecsiones Munisipales". No ano 2000 os Heredeiros pasan a ser o primeiro grupo de rock en galego que grava un directo, "All right Chicago", un dobre CD cos mellores éxitos do grupo gravados na festa da Dorna de Ribeira. No 2001 aparece "Recambios Tucho", un CD non editado con versións de cancións épicas da historia da música, non autorizadas polos seus autores.
Durante xa dez anos os Heredeiros gañáronse unha merecida fama a nivel galego, e intentaron ir máis alá gravando versións de cancións en asturiano e buscando un merecido éxito a nivel español, aínda que non o conseguiron moito. Teñen actuado fóra de Galiza e mesmo fóra de España en lugares coma Londres ou Nova Iork.
No ano 2005 houbo un alto na actividade dos Heredeiros ata o día de hoxe. Algúns dos membros do grupo están noutros como Javi Maneiro, en Jabon blue, grupo do que xa teño unha entrada. Tonhito de Poi uníuse á banda Rasa Loba.

As letras dos seus temas teñen polo menos un punto de partida real e verdadeira, naturalmente son adornadas con algún toque imaxinativo. Normalmente son sucesos que lle aconteceron a amigos ou coñecidos do grupo ou incluso a eles mesmos, como é o caso de "R-7 (O jran batacaso)", que fala dun accidente automobilístico que sufreu "Toñito de Poi". Outras letras narran situacións habituais na nosa terra que lle poderían pasar a calquera como "De Jesusiño Fixeron un Cristo", que fala das infidelidades sufridas polos mariñeiros mentres se atopan na alta mar.

Amanda

Amanda (3)

viernes, 4 de febrero de 2011

liña do tempo




Para ver a historia da etapa contemporánea está esta animación

jueves, 17 de junio de 2010

JABON BLUE




Hoxe vou facer unha entrada do grupo galego: Jabon blue, e especialmente do seu último album: ``flores en la carretera``.
Este grupo foi formado no 2005 por Xavi Maneiro(voz),Kuervo(guitarra), Diego (guitarra),Pony(baixo)e Marcos Otero(Batería).Entre eles dous galegos, un portugues e un madrileño.
Crearon o seu primeiro disco, no 2006,`` la música va por dentro``, e dous anos máis tarde (2008) ,``By the White``, cos seus respectivos éxitos.E finalmente no 2010``flores en la carretera``.


Este último disco está adicado a tódolos que perderon a vida na estrada.
Son 14 cancións seleccionadas entre unha longa lista, para formar un álbum cheo de Rock and Roll.
Foi grabado nos estudios “Casa de Tolos” en xaneiro do 2010 e editado baixo o sello“PAI Música”.logo sacado á venta o día 7 de maio.
Presentaron este album o sabado 29 na discoteca tonos (boiro). Concerto o que nós acudimos e estivo xenial, xa que tocaron todas as cancións deste cd e as mellores dos anteriores, había moita xente e estivo moi animado.







aquí deixo a presentación deste disco na radio galega música

http://www.casadetolos.com/es/noticias/144-presentacion-de-qflores-en-la-carreteraq-en-estudio3-de-radio-galega-musica

jueves, 8 de abril de 2010

As dúas Coreas

Aínda que pareza incríble,en pleno século XXI segue habendo muros e valos que dividen países. Na antigüidade estes construíanse principalmente para deter os exercitos invasores -como a gran muralla chinesa-, mais ao longo dos séculos, cos avances, estes muros e murallas conseguíron ser obxectos inútiles dende o punto de vista militar. Os muros de hoxe en día construíronse para conseguír dificultar o paso de civís e dividir territorios, sobre todo territorios fronterizos.
Estes muros de agora pódese dicir que son muros da vergoña, aínda que quen os mandan facer non o consideran así, senón que os xustifícan por motivos de seguridade. Estas construcións o que causan son feridas, xa que dividen Estados, familias...
Podemos citar coma exemplos o Muro de Berlín (derrubado en novembro de 1989),o Muro que se atopa nas fronteiras de México e Estados Unidos...

As dúas Coreas

Corea do sur, que conta co 49% da poboación cristiá, o 47% budistas e o 3% confuncionistas, ten a súa capital en Seúl. A súa moeda é o won, e ten 47.904.370 cidadáns. Falan o coreano e é unha república.
A capital de Corea do norte é Pyongyang. As relixións son moi parecidas a Corea do sur,(hai budistas, confucionistas, cristianos, chondogios sincréticos). Ten a mesma moeda que Corea do sur e 21.968.228 habitantes. Tamén falan o coreano e é un pais socialista autoritario con ditadura dunha persoa.





Este muro é de 4 km de ancho e uns 250 de longo, foi creado no ano 1953, cando a guerra das Coreas. Durante moitos anos foi considerado unha das fronteiras máis tensas da guerra fría; a creación desta franxa tivo consecuencias inesperadas.
Dende que foi creada, a zona foi case deshabitada e distanciada da influencia do ser humano, foi transformada nunha das reservas de biodiversidade máis grande de toda Asia. Cabe dicir que a pesar de que foi un escenario de guerra no que morreron centos de soldados, agora é un escenario natural pouco frecuente no mundo.


fonte da imaxe


video tomado de caracol tv

jueves, 25 de febrero de 2010

Movistar



Ara e Amanda!

Movistar, é unha cadea telefónica que non é segura, debido a que foi multada por publicidade enganosa.Segundo algúns estudos dalgúns periódicos, Movistar é unha das peores compañías, xunto con Vodafone e outras.Por outro lado, esta cadea telefónica, multa os seus usuarios con 2,32 euros por non estar domiciliados.
Outro motivo é que tamén está denunciada, xunto con outras, por apropiarse do saldo dos usuarios de prepago se non realizan recargas.Suxíre ós seus clientes contratar unha tarifa de 'roaming' ocultándolles que teñen unha cota de ata 1,73 euros ó día. Consumidores en Acción denunciou a Movistar ante as autoridades de Consumo e Telecomunicacións esixíndolle a devolución das cantidades ingresadas por millóns de chamadas que oferta como gratuítas.

Por todos estes motivos, pensamos que é bo divulgar esta información, para que a xente saiba como é esta compañía.

lunes, 18 de enero de 2010