jueves, 8 de abril de 2010

As dúas Coreas

Aínda que pareza incríble,en pleno século XXI segue habendo muros e valos que dividen países. Na antigüidade estes construíanse principalmente para deter os exercitos invasores -como a gran muralla chinesa-, mais ao longo dos séculos, cos avances, estes muros e murallas conseguíron ser obxectos inútiles dende o punto de vista militar. Os muros de hoxe en día construíronse para conseguír dificultar o paso de civís e dividir territorios, sobre todo territorios fronterizos.
Estes muros de agora pódese dicir que son muros da vergoña, aínda que quen os mandan facer non o consideran así, senón que os xustifícan por motivos de seguridade. Estas construcións o que causan son feridas, xa que dividen Estados, familias...
Podemos citar coma exemplos o Muro de Berlín (derrubado en novembro de 1989),o Muro que se atopa nas fronteiras de México e Estados Unidos...

As dúas Coreas

Corea do sur, que conta co 49% da poboación cristiá, o 47% budistas e o 3% confuncionistas, ten a súa capital en Seúl. A súa moeda é o won, e ten 47.904.370 cidadáns. Falan o coreano e é unha república.
A capital de Corea do norte é Pyongyang. As relixións son moi parecidas a Corea do sur,(hai budistas, confucionistas, cristianos, chondogios sincréticos). Ten a mesma moeda que Corea do sur e 21.968.228 habitantes. Tamén falan o coreano e é un pais socialista autoritario con ditadura dunha persoa.





Este muro é de 4 km de ancho e uns 250 de longo, foi creado no ano 1953, cando a guerra das Coreas. Durante moitos anos foi considerado unha das fronteiras máis tensas da guerra fría; a creación desta franxa tivo consecuencias inesperadas.
Dende que foi creada, a zona foi case deshabitada e distanciada da influencia do ser humano, foi transformada nunha das reservas de biodiversidade máis grande de toda Asia. Cabe dicir que a pesar de que foi un escenario de guerra no que morreron centos de soldados, agora é un escenario natural pouco frecuente no mundo.


fonte da imaxe


video tomado de caracol tv

No hay comentarios:

Publicar un comentario