miércoles, 2 de diciembre de 2009

noite de voraces sombras



terceira e última entrada:

O libro gustóume bastante, xa que como dixen noutra entrada gústanme moito esta clase de libros, na que alguén vai contando cousas que lle pasan.Mentres que o lía sentínme intrigada. Recomendo este libro a xente nova á que lle guste a intriga, porque me gustou bastante.

noite de voraces sombras




Segunda entrada :

Personaxes:
- O personaxe principal é Sara, que é a persoa que conta a historia.

-Logo hai outros personaxes que tamén interveñen na historia que son a familia e os amigos de Sara,e en especial o seu tío Moncho.

  • Sara é unha rapaza de 16 anos que conta cousas da súa vida.


  • A familia e os amigos: Sara conta momentos que pasa con eles.


  • Daniel: é o seu amor de verán.


  • O seu tío Moncho; que apesar de que está morto dende fai bastante tempo tamén aparece na historia porque despois da morte da avoa de Sara, ela ten que aloxarse no cuarto de seu tío, cuarto que lebaba moito tempo tal e como o deixára el antes de morrer, entón ela encontra moitos libros, cartas..... e así vai descubrindo cousas sobre a vida del.
´´ Daquel tío Moncho eu pouco sabía. Morrera había moitos anos, aínda nin casaran meus pais.``
´´ Foi alí onde vin a Daniel por primeira vez. Estaba sentado con outros dous rapaces nas escaleiras de pedra que hai na parte de arriba da praza, e chamoume a atención dende o primeiro momento.´´







martes, 1 de diciembre de 2009

noite de voraces sombras!



Hoxe fago a primeira entrada da primeira lectura deste curso.
O libro titúlase Noites de voraces sombras, é de Agustín Fernandez Paz, da editorial Xerais.Ten 165 páxinas e paréceme que vai estar moi ben, porque aínda que non me gusta moito ler, se o teño que facer gústanme este tipo de libros.
Datos sobre o autor.
Contraportada:

Sara, unha moza de 16 anos,narra os acontecementos que durante unhas vacacións na casa de súa avoa lle axudarán a enfrontar a vida dun xeito distinto.No cuarto que ocupa sentirá o desacougo dunha presenza fantasmal.Alí atopará tamén, un fato de cartas e fotos,un caderno de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levará a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor que se producía durante a guerra civil e os amargos anos da posguerra.Unha emocionante novela sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra,polo exilio e pola distancia.