martes, 1 de diciembre de 2009

noite de voraces sombras!



Hoxe fago a primeira entrada da primeira lectura deste curso.
O libro titúlase Noites de voraces sombras, é de Agustín Fernandez Paz, da editorial Xerais.Ten 165 páxinas e paréceme que vai estar moi ben, porque aínda que non me gusta moito ler, se o teño que facer gústanme este tipo de libros.
Datos sobre o autor.
Contraportada:

Sara, unha moza de 16 anos,narra os acontecementos que durante unhas vacacións na casa de súa avoa lle axudarán a enfrontar a vida dun xeito distinto.No cuarto que ocupa sentirá o desacougo dunha presenza fantasmal.Alí atopará tamén, un fato de cartas e fotos,un caderno de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levará a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor que se producía durante a guerra civil e os amargos anos da posguerra.Unha emocionante novela sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra,polo exilio e pola distancia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario