martes, 26 de abril de 2011

heredeiros da crus





Heredeiros da Crus é un grupo de música rock galego caracterizado polo seu éxito tanto en Galicia como no estranxeiro e por cantar con gheada e seseo, chegando ás veces ao “castrapo”.


Este grupo creouse en Castiñeiras (Ribeira) no ano 1992 por iniciativa de Tonhito de Poi. En 1995 colaboraron con dúas cancións para o Xabarín Club da TVG ("O porquiño" e "¡Que jallo é!"). Desta última fixose un videoclip, o cal tivo moito exito. No ano seguinte colaboraron tamén con "Íscalle Lura".


Por fin conseguiron gravar o seu primeiro álbum, "A Cuadrilla de Pepa a loba", non sen problemas, pois coñécense dúas versións deste traballo, a máis extendida foi editada sen o polémico tema "Bisté de solomillo".
A banda compoñíana un grupo de 5 rapaces de Castiñeiras: Tuchiño (guitarra e voz), Tonhito de Poi (guitarra rítmica e "corros"), Javi Maneiro (O fillo da Necha),(voz), Francisco Velo (O Jran Fran),(baixo),e Beni, (batería). Posteriormente Beni marcharía e deixaría paso a Medín, o batería que máis tempo estivo co grupo. Posteriormente tamén deixaron a súa pegada nos Heredeiros Marcos Otero e Pedro Rodríguez-Trelles.
Comezaron a facer concertos por toda Galicia. Uns anos bos foron o 92 e 93, aínda que tiveron problemas co seu manager e tiveron que cambialo.


Xa co novo manager gravan o Cd "Está que te cajas", no ano 1995. Este boísimo álbum, xunto coas cancións que editaron para o Xabarín Club ("Que jallo é!", "Íscalle Lura" e "O porquiño"), déronlle xa unha fama ao grupo a nivel galego.
O seu seguinte traballo foi "Criatura", un maxi-single de só 4 cancións. Non moito despois aparece "Des minutos". No ano 1999 gravan outro boísimo traballo, "Erecsiones Munisipales". No ano 2000 os Heredeiros pasan a ser o primeiro grupo de rock en galego que grava un directo, "All right Chicago", un dobre CD cos mellores éxitos do grupo gravados na festa da Dorna de Ribeira. No 2001 aparece "Recambios Tucho", un CD non editado con versións de cancións épicas da historia da música, non autorizadas polos seus autores.
Durante xa dez anos os Heredeiros gañáronse unha merecida fama a nivel galego, e intentaron ir máis alá gravando versións de cancións en asturiano e buscando un merecido éxito a nivel español, aínda que non o conseguiron moito. Teñen actuado fóra de Galiza e mesmo fóra de España en lugares coma Londres ou Nova Iork.
No ano 2005 houbo un alto na actividade dos Heredeiros ata o día de hoxe. Algúns dos membros do grupo están noutros como Javi Maneiro, en Jabon blue, grupo do que xa teño unha entrada. Tonhito de Poi uníuse á banda Rasa Loba.

As letras dos seus temas teñen polo menos un punto de partida real e verdadeira, naturalmente son adornadas con algún toque imaxinativo. Normalmente son sucesos que lle aconteceron a amigos ou coñecidos do grupo ou incluso a eles mesmos, como é o caso de "R-7 (O jran batacaso)", que fala dun accidente automobilístico que sufreu "Toñito de Poi". Outras letras narran situacións habituais na nosa terra que lle poderían pasar a calquera como "De Jesusiño Fixeron un Cristo", que fala das infidelidades sufridas polos mariñeiros mentres se atopan na alta mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario